Pasar al contenido principal

Presentación da Unidade de Visualización Avanzada da USC

Forma parte da Plataforma para a Innovación e Experimentación en Contidos Dixitais da USC

A Unidade de Visualización Avanzada da USC presentarase aos medios de comunicación o vindeiro luns 21 nunha rolda de prensa que se vai celebrar a partir das 11:30 horas na Sala de Xuntas do edificio CACTUS (Campus Vida). Participarán na presentación o reitor en funcións Senén Barro; o reitor electo, Juan Casares; o director de Novo Contexto Dixital de Red.es; Antonio Saravia; e o coodinador da Plataforma para Experimentación e Innovación en Contidos Dixitais da USC, Julián Flores. A Unidade de Visualización Avanzada ocúpase do desenvolvemento de producións 3D, incluíndo modelaxe e animación de escenarios e personaxes, captura de movemento corporal, facial e ‘lypsinc’. Tamén se encarga de incorporar ás escenas as diferentes capas de imaxe así como as de efectos especiais. A presentación do vindeiro luns comezará coa visualización de vídeos nos que se demostrará estes sistemas de captura de movemento, realidade virtual e visualización avanzada. Deseguido, os participantes trasladaranse ao Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC onde asistirán a unha demostración do sistema visual inmersivo CAVE e de captura de movemento, así de diversos proxectos nos que actualmente se atopan traballando esta unidade.

Esta Unidade está incluída na estrutura da Plataforma para a Innovación e Experimentación en Contidos Dixitais da USC (CIDUS), concibida para ofrecer servizos de excelencia en I+D+i e capacitación profesional en todas as fases do ciclo de vida dun contido dixital.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2010.