Pasar al contenido principal

Éxitos da USC en atletismo e karate

No I Trofeo de Atletismo ‘Vila de Noia’ celebrado este pasado 12 de xuño a atleta Paula Sahelices López quedou campioa na proba de 400 metros lisos mulleres. Na modalidade de homes os resultados foron Manuel Guerra Méndez no 2º posto, Rodrigo Millán Conde no 3º e Esteban Araújo Sabell 4º. En 1.000 metros lisos homes Javier Castro Sanzeri chegou segundo á meta, mentres que en mulleres Nerea Casal García acadou un terceiro posto. Karate No X Trofeo de Kárate Cidade de Santiago o deportista da USC Borja Pérez Saavedra resultou terceiro clasificado en Kumite Sub-21/Senior Masculino -68 kg e Samuel Jarque Abizanda 2º clasificado en Kumite Sub-21/Senior Masculino -68 kg e 3º en Kata Individual Sub-21/Senior Masculino.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.06.2010.