Pasar al contenido principal

Participación activa da USC na quinta edición do Día Galego do Emprendedor

A USC está representada na quinta edición do Día Galego do Emprendedor, este mércores 16 no Palacio de Congresos, a través de UNINOVA, Unirisco e Woman Emprende, entidades integrantes do programa de creación de empresas da USC Uniemprende. Ao longo da xornada, na que se inscribiron mais de 2.400 persoas, o xerente de Uninova, Gustavo Marcos expuxo a vinculación internacional, liñas de colaboración e relacións establecidas entre o Programa Uniemprende e Iberoamérica, canalizado a través de RedEmprendia, rede universitaria internacional de incubación de empresas presidida polo reitor da USC e que aglutina a 15 universidades do espazo iberoamericano do coñecemento. Neste mesmo eido, presentouse o Programa Erasmus para Novos Emprendedores, un proxecto europeo liderado por Uninova e centro no intercambio de emprendedores e empresas. Ana Bouzas, responsable do proxecto “EYE Erasmus for young Entrepreneurs” referiuse aos beneficios que o proxecto pode reportar aos emprendedores, como a posibilidade de desenvolver estadías en empresas europeas afins, acceso a unha rede de contactos internacionais, mellor coñecemento sobre os mercados internacionais, novas oportunidades de negocio, mellora de competencias lingüísticas ou axudas para as estadías.

Na mesma xornada a directora do programa Woman Emprende, Eva López, presentou a mesa ‘ Tendencias en marketing on-line: incrementa as túas vendas; como vender por Internet’, mentres que a xerente de Inversións de Unirisco e Uninvest, Yolanda Falcón interveu no apartado de financiamento na mesa de debate ‘Business Angels e Capital Risco; ¿Por qué un inversor financiaría o meu proxecto’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2010.