O alcalde de Santiago recibe a Insignia de Ouro da USC

O reitor en funcións Senén Barro impúxolle este mércores a Insignia de Ouro da USC o alcalde do Concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no transcurso da visita ao Centro singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas. O recoñecemento resposta á contribución de Sánchez Bugallo “co desenvolvemento do que antes era Campus da Saúde e agora Campus Vida”, destacou Barro. Neste senso, o propio alcalde lembrou a evolución do proxecto inicial dende os cinco mil metros cadrados ata os máis de 30.000 actuais. Sánchez Bugallo dixo sentirse moi agradecido por un recoñecemento “que me enche de orgullo”, outorgado pola USC á que se referiu como “a institución que mantivo viva a esta cidade nos últimos séculos”. Neste senso o alcalde considera que sen a USC “ Santiago non sería capital de Galicia e non superaría os 20.000 habitantes”.