Pasar al contenido principal

Os decanos de medio cento de Facultades de Economía e Empresa de España debaten en Santiago sobre a profesión e os cambios académicos no grao

A reunión de Confede inaugurouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
A reunión de Confede inaugurouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

A Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (Confede) reúnese este xoves e venres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Á xuntanza asisten preto de 70 representantes de 50 Facultades de toda España, na súa maioría públicas. A inauguración tivo lugar na Facultade compostelá nun acto no que participaron, entre outros, a directora da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (Aneca), Zulima Fernández, con quen houbo un intenso debate centrado sobre todo no seguimento dos títulos; o secretario xeral de Universidades da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José Díez de Castro; o presidente de Confede e decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Zaragoza, Alberto Molina, e a decana do centro compostelá, Maite Cancelo, que é ademais vicepresidenta da Conferencia. Na reunión, cuxos resultados e propostas de actuación farán públicos este venres 25 sobre as 14:00 horas, están a estudar e valorar as adaptacións, transformacións, novas ofertas e ordenación académica dos novos títulos de grao, ademais dos perfís académicos e profesionais dos másters e doutoramentos. As condicións formativas e legais para o exercicio da profesión do economista, a II Olimpíada Española de Economía e a avaliación da investigación nas áreas de Economía e Empresa son outras cuestións a tratar. Na xuntanza están representadas 50 universidades españolas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.06.2010.