Imposta a Insignia de Ouro da USC ás persoas que integraron o equipo de goberno no mandato que remata

Os integrantes do equipo de goberno ao longo dos últimos catro anos recibiron este luns a Insignia de Ouro da USC, recoñecemento que a institución académica concede a aquelas persoas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á Universidade, ben pola súa duración ou pola súa especial relevancia. No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidiu o acto de imposición o reitor en funcións Senén Barro, contando coa presenza ademais do reitor electo, Juan Casares, así como das persoas que integraron o equipo de goberno no mandato que agora remata. Así, recibiron a Insignia de Ouro da USC Isabel García-Rodeja, secretaría xeral; María José Alonso, vicerreitora de Investigación e Innovación; Máximo Pló, vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior; Juan Viaño, vicerreitor de Profesorado e Organización Académica; José Manuel Mayán Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social; Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Calidade e Planificación; Agustín Merino, vicerreitor de Política Internacional; Elvira Fidalgo, vicerreitora de Cultura; Begoña Barreiro, adxunta de Oferta e Xestión Académica; Marta Miranda, adxunta de Infraestruturas e Servizos; Jesús Casabiell, adxunto de Investigación e Proxección Exterior; e Dulce García, xerente en funcións.
Tamén recibiron este recoñecemento, os profesores Lourenzo Fernández, María Dolores Domínguez, Elias Torres, Xoán Carlos Carreira, Celia Besteiro e Mª Paz García Rubio, integrantes do equipo en distintos momentos do mandato, e a Pedro García Moreno, polos servizos prestados como xerente.