Pasar al contenido principal

A USC propón rutas de sendeirismo por Ponteceso e o río Sarela

De Ponteceso a Corme. O Servizo de Deportes da USC propón unha ruta de trece quilómetros con dificultade media-baixa entre estas dúas localidades o sábado, 17 de xullo. O prazo para inscribirse nesta actividade remata o mércores 14. Por outra banda, está tamén previsto un percorrido polo río Sarela para a tarde do xoves, 15 de xullo. Para máis información e inscrición, as persoas interesadas deben acudir ás Oficinas do Servizo de Deportes, na Piscina Universitaria, ou a través da páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/matricula.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2010.