Pasar al contenido principal

Preséntase en Historia o libro Yantares Gallegos. Historia de la dieta atlántica

Portada do libro 'Yantares Gallegos. Historia de la dieta atlántica'
Portada do libro 'Yantares Gallegos. Historia de la dieta atlántica'

O profesor da USC Xavier Castro presentará este mércores, 23 de xuño, o libro Yantares Gallegos. Historia de la dieta atlántica nun acto que, baixo a presidencia do reitor en funcións Senén Barro, terá lugar ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.

Na presentación intervirán ademais os expertos en nutrición, os catedráticos Aniceto Charro Salgado e Rafael Tojo Sierra, ambos os dous membros da Fundación Dieta Atlántica que edita o libro coa colaboración do Servizo de Publicacións da USC.

Esta obra do historiador Xavier Castro, autor de varias publicacións sobre a temática da historia da alimentación, resume con rigor histórico as características da dieta atlántica rastrexando as súas raíces a través da historia da alimentación dos galegos.

A dieta atlántica

A dieta atlántica componse de pescados e mariscos, sendo abundante en vexetais, froitas, hortalizas e carnes magras e complementándose coa relevante utilización de produtos lácteos e aceite de oliva. Caracterízase ademais polo emprego de alimentos de gran calidade e por unha preparación sinxela e sa, primordialmente en forma de cocción.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2010.