Pasar al contenido principal

Estudan nunhas xornadas a formación da avogacía española e europea

Participan profesionais de nove países europeos

A Escola de Práctica Xurídica da USC organiza este xoves 3 un encontro sobre a formación da avogacía española e europea. Nel debaterase a regulación e as experiencias sobre a formación inicial, continua e a especialización da avogacía española e europea, para poder extraer conclusións para a súa aplicación en España.
Participarán membros das comisións de formación do Consello Xeral da Avogacía Española e do Consello da Avogacía Galega, así como representantes da avogacía europea procedentes de Alemaña, Austria, República Checa, Francia, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido e España.
A xornada, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, inaugúrase ás 9:30 horas, dando paso deseguido a dúas intervencións que profundan na formación inicial do avogado en Europa e en España. Pola tarde, dende as 15:30 horas, analizarase a formación continua e a especialización. O encontro rematará cunha sesión de debate para a elaboración das conclusións do encontro que coordinará o profesor e director da Escola de Práctica Xurídica Lotario Vilaboy.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2010.