Pasar al contenido principal

O reitor compostelán preside a inauguración da VIII Conferencia de Decanas/os e Directoras/es de Maxisterio e Educación

O reitor Juan Casares presidirá este luns 25 a inauguración da VIII Conferencia de Decanas/os e Directoras/es de Maxisterio e Educación nunha xornada que se vai celebrar no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia a partir das 17:00 horas. Xunto ao reitor compostelán asistirán o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; a concelleira de Educación do Concello compostelán, Mercedes Rosón; a presidenta da Conferencia de Decanos, Concepción Martín; e a decana de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, Mercedes Suárez.

Logo da xornada inaugural celebraranse dúas conferencias coloquio, baixo o lema ‘ Santiago, cidade educadora’, que impartirán Xosé Manuel Rodríguez-Abella e Beatriz Varela. Esta mesma tarde, os participantes na Conferencia desprazaranse a Allariz onde o encontro continuará este martes 26.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2010.