Pasar al contenido principal

Os Coloquios en Compostela 2010 propoñen unha reflexión multidisciplinar sobre a relación entre migracións e interculturalidade

Os Coloquios en Compostela achegan na súa edición de 2010 unha reflexión arredor do tema ‘ Migracións e Interculturalidade: os feitos e as políticas’, lema que este ano adopta o coloquio internacional organizado anualmente pola Cátedra Unesco 226 sobre Migracións. O encontro comezará na Facultade de Xeografía e Historia o día 11 de novembro e estenderase ao longo da xornada do día 12 coa presenza de representantes de diversas Cátedras Unesco nas universidades de Navarra, País Vasco, A Rioxa, Jaume I de Castellón, e da propia USC, así como do Institu d’Estudis Catalans de Barcelona. Na axenda de temas a tratar, os expertos debaterán sobre a relación de educación, interculturalidade e cultura de paz; novos desafíos para o ordenamento xurídico español en materia de interculturalidade e dereito de Familia; experiencias e propostas sobre diversidade lingüística e diálogo intercultural no espazo urbano; ou a promoción da interculturalidade na Galicia actual. Para contactar cos responsables desta iniciativa, as persoas interesadas poden dirixirse á paxina web da Cátedra Unesco 226 na USC (http://www.usc.es/catedras/migracs/contacto/menu.html).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2010.