O xerente de Uninova intervén nun encontro internacional que reflexiona sobre a cooperación entre a universidade e a empresa para a formación de adultos
O xerente da incubadora de empresas da USC, Gustavo Marcos, participa este luns en Bruxelas nunha xornada internacional que reflexiona sobre a cooperación entre a universidade e a empresa para a formación de adultos.
Unha aproximación ás necesidades de adestramento dos empresarios experimentados será o tema sobre o que diserta Gustavo Marcos quen prestará especial atención á experiencia da USC no tema proposto.