Once actividades deportivas para o verán e escola de tenis en xullo
A Área de Deportes da USC organiza para este verán, do 21 de xuño ao 30 de xullo e do 1 ao 30 de setembro, diversos cursos de aerolatino, aerobic-step, aerobic, step, hip-hop, intervaltono, movemento creativo, kung-fu, pilates, ioga e tai-chi. Os prazos de inscrición están xa abertos para a comunidade universitaria e o día 8 abrirase para o resto.
Tamén a vindeira semana, a partir do 7de xuño, abrirase a inscrición para a escola de tenis do mes de xullo, que se impartirá en dúas quendas quincenais.