A Sección de Arquivos Notariais do Consello Internacional de Arquivos reúnese na USC
A Sección de Arquivos Notariais do Consello Internacional de Arquivos (ICA/SAN) reunirase os vindeiros días 18 e 19 en Santiago. A xuntanza terá lugar no Arquivo Histórico Universitario que dirixe María José Justo Martín, á súa vez vicepresidenta desa sección internacional. Asisten á reunión a directora do Archivio di Stato de Génova, Paola Caroli, que preside a sección; a directora do Minutier Central de Notarios do Arquivo Nacional de Paris, Marie-Françoise Limon Bonnet, que desempeña as funcións de secretaria; a directora do Arquivo de Protocolos de Madrid, Teresa Díez de los Ríos; o director do Arquivo de Terrasa, Pere Puig Ustrell; Afonso Assini, do Arquivo Estatal de Génova; a experta en notariado Matie Louise Queinnec; o inspector xeral de patrimonio de Francia, Genevieve Etienne; e o director del Archivo Histórico Provincial de Ourense, Pablo Sánchez Ferro.