Pasar al contenido principal

O CEER acerca con Pessoa a literatura portuguesa aos galegos

O Club de Lectura Virtual Eurorrexional propón a lectura de O Banqueiro Anarquista

O Club de Lectura Virtual Eurorrexional xestionado polo CEER inicia unha nova andaina coa obra O Banqueiro Anarquista de Fernando Pessoa, referente na literatura universal que representa un extraordinario exemplo do debate sobre o individualismo e de como se pode ser capaz de superar as estruturas colectivas e as limitacións establecidas polas sociedade.
Esta interesante obra supón un chanzo máis na procura de acercar a literatura portuguesa aos galegos, entendendo o Club de Lectura Virtual Eurorrexional como unha ponte na comunicación e no diálogo entre os veciños galegos e do Norte de Portugal.
Para o Centro de Estudos Eurorrexionais creado polas tres Universidades galegas e as portuguesas de Alto Douro, Minho e Porto, o Club de Lectura Virtual é un expoñente máis de como é posible continuar a desenvolver proxectos conxuntos entre esas seis universidades públicas.
O Banqueiro Anarquista poderá ser comentada durante as seguintes dúas semanas a través de www.fceer.org/clubdelectura/.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2009.