Pasar al contenido principal

O Campus de Lugo acolle unha conferencia do programa conmemorativo do Ano Darwin na USC

O programa ‘Darwin e a súa evolución: 2009 Ano Darwin’ chega ao Campus de Lugo, co inicio das actividades do seu segundo módulo.
A primeira cita será o luns 2 de novembro, a partires das 16:00 horas, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, onde se poderá ver a gravación da conferencia ‘Vixencia e actualidade da Teoría da Evolución’, que o investigador do Departamento de Física Teórica da Universidade de Valencia e do Instituto de Física Corpuscular, o doutor José Adolfo de Azcárraga, impartiu a mediados de outubro no campus compostelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2009.