Pasar al contenido principal

O escritor brasileiro João Gilberto Noll participa nos Encontros do Paraninfo

O escritor brasileiro João Gilberto Noll, considerado como un dos principias expoñentes da literatura brasileira contemporánea, será o protagonista o vindeiro luns 28 dos Encontros no Paraninfo que acude a Santiago co programa Escritor Visitante. Organizan a xornada a Vicerreitoría de Cultura da USC e a Fundación Cultural Hispano-Brasileira coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
João Gilberto Noll, con anterioridade a estes Encontros, comparecerá ante os medios de comunicación nun acto no que o acompañarán a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo; a representante da Fundación Cultural Hispano-Brasileña, Fabiana Brzeski Alves; e a coordenadora da iniciativa, Carmen Villarino. A rolda de prensa vaise celebrar a partir das 13:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O programa Escritor Visitante da Fundación chega a Santiago procedente de Madrid e Salamanca, para posteriormente rematar o martes 29 en Barcelona.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2009.