Pasar al contenido principal

O libro Historia dunha emigración difusa, 500 anos de emigración galega a Lisboa preséntase este mércores na Facultade de Xeografía e Historia

O vicerreitor de Relacións Institucións da USC, Lourenzo Fernández Prieto, presidirá este mércores 21 o acto de presentación do libro Historia dunha emigración difusa, 500 anos de emigración galega a Lisboa, de Xan Leira. A presentación celebrarase a partir das 11:00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia coa presenza ademais do autor dos coordinadores da Cátedra Unesco 226 sobre Migración da USC, os profesores Julio Hernández Borge e Domingo L. González Lopo.
A publicación desta obra pon fin a dous anos de traballo do autor, tempo no que desenvolveu un intenso labor de investigación, procura de testemuñas, recompilación documental, recuperación e produción fotográfica. O obxectivo do volume é sacar á luz un “extraordinario” xacemento histórico, soterrado ao longo dos séculos, para analizar por vez primeira o legado e as ensinanzas dun feito migratorio intrapeninsular e intraeuropeo dos máis antigos e ricos do continente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2009.