Pasar al contenido principal

A Casa de Europa da USC acolle a xuntanza constitutiva da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas

Á xuntanza asiste as incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia

As incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia celebrarán o vindeiro luns 19 na USC unha xuntanza na que se constituirá a Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas. Trátase dunha iniciativa impulsada por Uninova, na que participarán ademais entidades de apoio á incubación de carácter tecnolóxico de toda Galicia.
A xuntanza desenvolverase na Casa Europa, onde serán recibidos a partir das 11:30 horas pola vicerreitora de Investigación, Mª José Alonso, e polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato. O obxectivo que se persegue coa creación desta rede é a sensibilización e formación do persoal directivo e técnico das incubadoras na xestión da I+D+i para alcanzar unha mellor difusión destes conceptos e do seu funcionamento.
Entre outros temas, na reunión tratarase a posta en común de metodoloxías de traballo, a creación dunha rede de expertos, o benchmarking entre incubadoras e a realización de accións formativas que versen sobre a problemática da transferencia de resultados de I+D cara á creación de empresas (spin-off) con todas as temáticas relacionadas: aspectos legais, protección de propiedade intelectual, financiamento, fiscalidade da I+D+i ou axudas a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2009.