Pasar al contenido principal

Senén Barro inaugura este martes as conferencias científicas do IES Camilo José Cela de Padrón

Co título ‘Das máquinas de calcular ás máquinas de pensar’ o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, inaugurará o ciclo de conferencias científicas que este martes 20 pon a andar o IES Camilo José Cela de Padrón. A súa intervención terá lugar ás 16:30 horas no Auditorio do Concello (fronte ao Mercado de Abastos de Padrón).
O programa, concibido para o público en xeral, continuará os vindeiros meses coa participación de, entre outros, o catedrático de Física de Partículas e ex reitor da USC, Carlos Pajares; e os profesores da Facultade de Física José Edelstein e Jorge Mira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2009.