Comezan en Matemáticas as xornadas 'Patentes, o que todo científico ou enxeñeiro debe saber'
‘Patentes: o que todo científico ou enxeñeiro debe saber’ é o título dunhas xornadas que pretenden complementar os currículos universitarios proporcionando unha formación básica neste eido de carácter multidisciplinar. O encontro celebrarase este mércores 21 en horario de 10:00 a 14:00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas dirixido a estudantes, investigadores e profesores interesados en adquirir ou clarexar conceptos básicos ao redor das patentes.
Os distintos contidos que se presentarán nesta sesión impartiranos o presidente da Sección Técnica Patentes do Colexio Oficial de Químicos de Cataluña e axente da propiedade industrial e director do Centre de Patents da Universitat de Barcelona; Pascual Segura; e a xefa da Área de Documentación e Buscas do Departamento de Patentes e Información Tecnolóxica da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), Carmen Toledo.
As xornadas permitirán coñecer polo miúdo o papel que xoga a propiedade intelectual-industrial e particularmente as patentes no mundo actual, pero describirá ademais como un descubrimento se transforma nunha invención patentable, qué se pode patentar e cal e o proceso a seguir. O contido da xornada permitirá aos asistentes profundar noutras cuestións relativas a cómo obter e facer valer os dereitos de patente, a súa utilización como fonte de información tecnolóxica ou cómo localizar información sobre patentes.
Para completar a sesión, abrirase unha queda de debate a través da que os asistentes poderán solucionar as súas dúbidas. A xornada está organizada pola USC en colaboración en colaboración coa Oficina Española de Patentes y Marcas e o Centre de Patents da UB. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/OEPM_ga.pdf.