Ciencias da Educación presenta algunhas das publicacións do último ano dos seus profesores e investigadores
A Facultade de Ciencias da Educación presentará este xoves, día 29, cinco das últimas publicacións científicas obra dos seus docentes e investigadores. A rolda de prensa desenvolverase ás 10:30 horas na Aula María Barbeito do centro (Campus Norte. Avda. Xoán XXIII).
Participan na presentación o decano da Facultade, Lois Ferradás; o vicedecano e director da Revista Galega de Educación, Xesús Rodríguez; e os autores das publicacións, o vicedecano Anxo S. Porto Ucha; a profesora e membro do grupo de linguas da USC, Inmaculada Mas; a catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais Mª Pilar Jiménez Aleixandre; a catedrática de Didáctica e Organización Escolar Lourdes Montero; e a presidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), Lucía Iglesias Da Cunha.
As obras que se presentan son Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo. Primeiras accións represivas e estudo por concellos no sur da provincia (1936-1942), Ponteareas, Alén Miño, de Anxo Porto Ucha; Integración Lingüística e Inmigración,de Teresa Díaz, Inmaculada Mas e Luz Zas; Argumentation in Science Education: Perspectives from classroom-based research, de María Pilar Jiménez Aleixandre; O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos, de Lourdes Montero; e Estratexias de Educación Ambiental. Modelos, Experiencias e Indicadores para a Sostenibilidade Local, de Lucía Iglesias.