Pasar al contenido principal

Expertos universitarios analizan a incidencia que a administración electrónica terá nas universidades españolas

Será no transcurso dunhas xornadas que se celebran en Córdoba coa asistencia de representantes da USC

A implantación e impulso da administración electrónica formula retos e oportunidades que involucran a todos os sectores da Universidade. Neste eido e de xeito particular, a atención focalízase na análise e resolución de cuestións diversas que afectan ás áreas institucionais que xestionan os aspectos xurídico-administrativos e os tecnolóxicos.
Co obxecto de atender os debates xerados neste campo, a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) organiza este xoves 12 e o venres 13 na Universidade de Córdoba unhas xornadas conxuntas das asembleas xerais das comisións sectoriais de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e de Secretarios Xerais. Por parte da USC, asistirán a secretaria xeral, Isabel García-Rodeja; o secretario xeral adxunto, Carlos A. Gómez; o director da Área TIC, Javier Franco, e o responsable de Desenvolvemento da Área TIC, Xosé Antonio Rubal López.
A reunión comezará coa intervención de Carlos A. Gómez que, xunto con José Pascual Gambau como coordinadores dos grupos de traballo intersectoriais, presentarán o Documento Executivo Intersectorial e os resultados da enquisa Eadministración. Será o propio secretario xeral adxunto da USC o que toma a palabra deseguido para referirse á Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e a súa incidencia nas universidades.
Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web http://www.uco.es/crue-tic-sg/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2009.