O fundador da Unión Militar Democrática, Xosé Fortes, fala en Historia da transición española
Fundar a Unión Militar Democrática (UMD) en 1974 custoulle a Xosé Fortes Bouzán a súa permanencia no exército, de onde foi expulsado dous anos máis tarde tras un consello de guerra e un ano e medio no cárcere.
Máis de trinta anos despois daqueles feitos, Xosé Fortes Bouzán lembrará o papel dos militares no proceso de transición á democracia en España nunha charla a desenvolver este mércores 11, ás 13:00 horas na Aula 9 da Facultade de Xeografía e Historia. Curiosamente, Xosé Fortes interpreta a un xeneral franquista no último filme de José Luis Cuerda ‘Os xirasoles cegos’.
A UMD foi unha organización militar clandestina española fundada ao final do franquismo por tres comandantes e nove capitáns de diversas Armas co obxectivo de democratizar as Forzas Armadas e derrocar a ditadura.