Pasar al contenido principal

O ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía trae ao Paraninfo pezas de Smetana e Shostakovich

O ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía fará resoar este martes 24 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) pezas de B. Smetana e D. Shostakovich.
O concerto, que dará comezo ás 20:30 horas, ofrecerano Elina Viksne e Nikolai Velikov (violíns), Timour Sadykov (viola) e Carlos García (violoncello). Por outra banda, a cita deste mesmo ciclo prevista para o mércores 25 queda cancelada debido a problemas de saúde dunha das integrantes da formación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.03.2009.