Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago será sede esta semana das II Xornadas de Consulta Matemática para empresas e institucións i-MATH 2008-2011

Nesta segunda edición, matemáticos de varias universidades españolas buscarán solucións a problemas reais expostos para depósitos de gas natural ou para plantas nucleares

A Facultade de Matemáticas da USC é o escenario no que se van desenvolver as actividades das II Xornadas de Consulta Matemática para empresas e institucións i-MATH 2008-2011, organizadas polo Nodo CESGA do proxecto Ingenio MATHEMATICA e a Rede MATHEMATICA CONSULTING.
Estas xornadas tratan de fomentar o achegamento das empresas e institucións ao ámbito universitario, promocionar a Matemática na empresa buscando proxectos de investigación e desenvolvemento, e intensificar a I+D entre os grupos do proxecto MATHEMATICA e os das industrias.
Nesta segunda edición, o Consello de Seguridade Nuclear (CSN), INDIZEN Technologies SL e SENER, Enxeñaría e Sistemas SA,son as tres compañías que exporán consultas relacionadas con riscos e seguridade en plantas nucleares, e o deseño de tanques de almacenamento de gas natural resistentes a terremotos de diversos graos. Durante as Xornadas, especialistas do proxecto i-MATH analizarán diversas estratexias no tratamento matemático de cada problema, e deberán propor unha solución na Sesión de Conclusións que se celebrará o vindeiro venres.
A seguridade nestas industrias é un obxectivo prioritario polas dimensións catastróficas que un posible accidente podería alcanzar. Neste ámbito, os métodos matemáticos e estatísticos permiten axudar ás compañías para que se expoñan novas estratexias, testadas virtualmente, e por tanto, cunha maior garantía de éxito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.03.2009.