Pasar al contenido principal

Preséntase na Facultade de Historia un libro en homenaxe á profesora María José Portela Silva

Coa fin de honrar a memoria da profesora Mª José Portela Silva (1954-2006), a Facultade de Xeografía e Historia da USC elaborou unha obra colectiva que ten como eixo o estudo da realidade monástica galega, cuestión á que a docente dedicou unha parte importante dos seus esforzos.
O libro homenaxe Galicia monástica. Estudos en lembranza da profesora Mª José Portela Silva presentarase este xoves 26 ás 12:00 horas na Sala de Profesores da Facultade nun acto ao que asistirán os coordinadores da obra Raquel Casal García, José Miguel Andrade Cernadas e Roberto J. López López, ademais do director académico do Servizo de Publicacións da USC, Antonio Azaústre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2009.