Pasar al contenido principal

Rematan os concertos da tempada de inverno do ciclo 'Música na Compañía'

O ciclo ‘Música na Compañía. Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia’ dará remate á súa tempada de inverno este mércores 18 cun concerto no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás 20:30 horas. Os recitais volverán coa chegada da primavera, o 24 de marzo.
Serán os violinistas Nikolay Velikov e Javier López; Anne Schlossmacher na viola; Thomas Piel no violoncello; e Carlos Méndez ao contrabaixo os que este mércores interpreten pezas de Dvorák e Piazzolla.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.02.2009.