Pasar al contenido principal

Pecha o prazo de inscrición para o curso de fotografía Fotocultur 2, que se desenvolverá en Lugo

A matrícula remata este venres 20 e as clases comezan o 2 de marzo

O prazo para a inscrición no curso de fotografía Fotocultur 2 remata este venres 20. A actividade enmárcase dentro do programa ‘Espazo 2008-2009’, que pon en marcha a Vicerreitoría de Cultura e que vai ter lugar na aula de fotografía do campus, situada no pavillón central da Facultade de Veterinaria, desde o 2 de marzo ata o 30 de abril.
O curso será impartido por Eduardo Ochoa todos os luns, martes e xoves, de 20:00 a 21:30 horas, cun total de 40 horas lectivas. O contido do curso centrarase na realización de traballos prácticos, a experimentación a través de procesos de relación con outras áreas e a creación dun grupo fotográfico na USC.
Os interesados poden apuntarse na Vicerreitoría de Cultura do Campus de Lugo, Praza de Pío XII, 3. Os seleccionados deberán abonar tras a súa admisión, 40 euros, para a comunidade universitaria, ou 70 euros, para o resto dos inscritos. As 16 prazas das que dispón o curso cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
O prezo do curso é de 60 euros para público en xeral e de 30 para os membros da comunidade universitaria. A matrícula pode realizarse na Oficina de Cultura do campus lugués, situada na praza Pío XII, ou chamando ao teléfono 982 28 59 00, extensión 21513.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2009.