A Escola de Enfermaría de Lugo celebra o acto de graduación da súa XXIX promoción
A Escola Universitaria de Enfermaría celebra este venres 26 o seu acto de graduación, no que recibirán a súa diplomatura os alumnos da última promoción. O acto de graduación da que xa é a promoción número XXIX celebrarase a partir das 18:30 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria.
A profesora Olga López Racamonde ofrecerá unha conferencia titulada ‘Situación actual da enfermaría española’.Tras a entrega de insignias e a intervención das autoridades presentes no acto, clausurarase a celebración cun pequeno concerto a cargo da Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo.