Pasar al contenido principal

O embaixador da República de Panamá doa á USC un busto do xeneral Omar Torrijos

O embaixador da República de Panamá, Miguel Ángel Cañizares, primeiro póla esquerda, entregou a USC o busto de Omar Torrijos. No acto de entrega participaron o vicerreitor de Política Internacional,...
O embaixador da República de Panamá, Miguel Ángel Cañizares, primeiro póla esquerda, entregou a USC o busto de Omar Torrijos. No acto de entrega participaron o vicerreitor de Política Internacional,...

Antes de concluír o seu período de actividade diplomática en España, o embaixador da República de Panamá, Miguel Ángel Cañizares Mendoza, achegouse á USC para doar unha representación escultórica do político e militar panameño General Omar Torrijos, pai do presidente saínte de Panamá, Martín Torrijos Espino. Na Facultade de Xeografía e Historia o embaixador foi recibido polo vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino.
A directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas ‘Gumersindo Busto’ (CIEAM), a profesora de Historia de América da USC Pilar Cagiao, acompañada pola vicedirectora do mesmo centro, recibiu o busto resaltando que a figura de Torrijos, “controvertida onde as haxa”, se atopa aínda pendente de investigación. Neste sentido, faloulle acerca da posibilidade de realizar algún tipo de xornada de debate sobre a historia contemporánea de Panamá na que Omar Torrijos xogou un papel “de relevancia indiscutible” nos acordos asinados cos Estados Unidos durante a administración Carter que garantiron a posterior entrega do Canal á nación panameña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2009.