Pasar al contenido principal

Un curso analiza as posibilidade do movemento e da danza para o desenvolvemento de aptitudes xerais das persoas

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC 2009

O movemento e a danza como inspiración na aprendizaxe é o tema dun curso que, incluído na programación da Universidade de Verán da USC 2009, se vai celebrar na Facultade de Ciencias da Educación do 13 ao 17 de xullo.
O seu obxectivo é dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para a utilización da danza e do movemento como medio de desenvolvemento de aptitudes xerais e fundamentais das persoas, tales como a imaxinación, memoria, autoestima, coordinación, esforzo e superación, respecto ou traballo en equipo, entre outros.
No desenvolvemento do programa previsto proporcionarase aos asistentes unha visión da evolución teórica do corpo, o movemento e a danza na educación e os fundamentos da súa práctica e traballaranse actividades corporais que poden ser levadas a contextos educativos diversos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.06.2009.