Un curso de verán analiza a importancia da bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas
‘A bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas’ será obxecto de análise na programación que a Universidade de Verán da USC ten deseñado para este ano.
Do 13 ao 13 e xullo, o curso celebrarase na Facultade de Matemáticas organizado por José Antonio Álvarez Dios. A bioinformática é unha ciencia interdisciplinaria que se ocupa do uso de técnicas matemáticas, informáticas, algorítmicas e estatísticas para resolver problemas biolóxicos, dende a ensamblaxe de xenomas completos até a modelación da evolución.
En particular, o encontro pretende demostrar cómo a plasmación da xenética en aplicacións prácticas (dende as biomédicas ás industriais acuícolas) só pode facerse maioritariamente a través do uso de técnicas bioinformáticas. Pretendemos con este curso a implicación da USC na formación e transmisión de coñecemento punteiro aos seus alumnos e á sociedade en xeral.