Pasar al contenido principal

A I Olimpíada Galega de Economía celébrase este venres na Universidade de Santiago

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle este venres 26, a partir das 11:00 horas, as probas da I Olimpíada galega de economía, un concurso de carácter académico e educativo que trata de incentivar o seu estudo entre os novos, premiar o esforzo e a excelencia académica e establecer vínculos estables entre a Universidade e os centros de educación secundaria.
Participar nela estudantes dos centros de ensinanza secundaria de Galicia que estean matriculados durante o curso 2008-09 na materia Economía e Organización de Empresas, de segundo de bacharelato. Os tres mellores alumnos participarán despois na I Olimpíada Española de Economía que terá lugar en Valencia os días 1, 2 e 3 de xullo de 2009.
PremiosEses tres alumnos quedarán exentos das taxas de matrícula para cursar estudos de Economía ou Administración e Dirección de Empresas en calquera das universidades públicas galegas. Ademais, costearánselles os custos de desprazamento, aloxamento e manutención para asistir á I Olimpíada Española de Economía.
Patrocinada por Caixanova, esta primeira edición está organizada polos decanos de Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas das tres universidades galegas e o equipo directivo da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.06.2009.