Pasar al contenido principal

A Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible participa nun encontro de traballo da CRUE en Salamanca

A coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Dora Blanco, participa estes días en Salamanca nun novo encontro do grupo de traballo da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) para a Calidade Ambiental, o Desenvolvemento Sostible e a Prevención de Riscos.
Nas xornadas ‘Enerxías renovables, aforro e eficiencia enerxética nas universidades españolas’ Dora Blanco exporá o Plan de Optimización Enerxética da USC e en concreto o traballo que se desenvolve dende diferentes ámbitos como a Oficina de Xestión de Infraestruturas ou a propia Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible que loita por, entre outras accións, diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro a través dun consumo enerxético máis racional, un bo mantemento das instalacións enerxéticas e da substitución da enerxía de fontes non renovables por si renovables.
Simultaneamente ten lugar en Salamanca a reunión da Comisión Sectorial para a Calidade Ambiental, o Desenvolvemento Sostible e a Prevención de Riscos da CRUE onde se aprobarán as conclusións do seminario celebrado en Granada en marzo sobre a inclusión de aspectos ambientais e de prevención de riscos nos planos de estudo.
Grupo da CRUEA CRUE aprobou en 2002 a creación do grupo de traballo Calidade Ambiental e Desenvolvemento Sostible que recolle a experiencia das universidades sobre a súa xestión ambiental e ambientalización da comunidade universitaria e fomenta a cooperación entre universidades nestas materias. O grupo, no que participa a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, se reúne regularmente para realizar xornadas de traballo en distintas universidades españolas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2009.