Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación AZKAR promoven o uso do galego no deporte

Convocan aos deportistas este martes, 3 de febreiro, ás 20:00 horas no Colexio de Fonseca

A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación AZKAR iniciarán un programa de sensibilización sobre o uso do galego no mundo do deporte. A tal fin convocan a deportistas de todas disciplinas para que acudan este martes 3 ao Colexio de Fonseca para sumarse a esta iniciativa e asinar un manifesto.
O acto, no que participarán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o xerente da Fundación AZKAR, Oscar Hermida; a directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto; o xefe de Deportes da Radio Galega, Terio Carrera, e a ciclista Eva Castro, desenvolverase este martes 3 ás 20:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2009.