Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de renovación da inscrición para as actividades deportivas do segundo cuadrimestre no Campus de Lugo

A oficina de Deportes do Campus de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas do segundo cuadrimestre. A data límite para renovar a matrícula con reserva de praza é o día 13. As vacantes que non se cubran serán ofertadas para os inscritos por primeira vez no segundo cuadrimestre. O prazo para apuntarse nas actividades para esta quenda iníciase o 16 de febreiro.
A aula de deporte e cultura da Facultade de Veterinaria acolle as clases de ximnasia de mantemento, de aeróbic, step, Pilates, Taichi e danza oriental. Na piscina das Pedreiras daranse clases de ioga e no ximnasio do Pazo dos Deportes haberá clases de esgrima e tiro con arco.
Os interesados nalgunha destas actividades poden obter máis información a través da seguinte ligazón:

http://www1.usc.es/deportes/Páxinas/Index/Campus%20Lugo.htm

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2009.