Pasar al contenido principal

Entrégase o Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria

A Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo será o marco escollido este martes 9, ás 13:00 horas, para a entrega do Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria, organizado pola Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) en colaboración coa EPS, e que nesta primeira edición recaeu no proxecto ‘Estudo técnico de clavadora de estacas con alimentador’, presentado polo estudante Iván Raposo Injerto.
No acto estarán presentes o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o alcalde da cidade, Xosé López Orozco; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o presidente de AGAMAC, Marcos Vázquez; o secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes (ANSEMAT), Ignacio Ruíz; o director da revista MOMA Agri e de MOMA Editorial, Xavier Vidal; e o director da EPS, Javier Bueno.
Así mesmo, o presidente da Fundación Jorge Jove e da Federación Española de Vehículos Antigos, Ángel Jove, impartirá a conferencia titulada ‘A automoción histórica en Galicia’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2009.