A Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 'Dez anos e unha cenoria: Standstill 1997-2007'
Enmarcada no ciclo Música en Imaxes, a Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 11, ás 18:00 horas na súa sede en Ciencias da Comunicación, o documental 'Dez anos e unha cenoria: Standstill 1997-2007'.
Trátase dunha longametraxe autobiográfica que narra dende os inicios desta banda española no circuíto punk ata as súas performances, cambios de formación continuos ou xiros estilísticos inesperados.