Entrega da primeira edición dos premios 'USC crea, USC innova'
O reitor Senén Barro entregará este martes 17 os galardóns correspondentes á primeira edición do premio ‘USC crea, USC innova’, convocatoria que pretende destacar iniciativas innovadoras impulsadas por persoal universitario para abordar cuestións do día a día de maneira creativa e orixinal. A entrega vaise celebrar a partir das 12:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, coa asistencia do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira.
Con esta convocatoria, a USC sumouse á celebración do Ano da Creatividade e a Innovación, dando a coñecer as distintas iniciativas innovadoras que, impulsadas por persoal vinculado á USC, se están levando a cabo no contorno máis inmediato. O Premio quere demostrar como a innovación non debe guiar só as ‘grandes ideas’ que desembocan na creación dunha empresa de base tecnolóxica ou nun cambio de paradigma, senón tamén todas aquelas ‘pequenas ideas’ que de maneira creativa melloran a vida diaria.