Pasar al contenido principal

Ampla oferta do Observatorio Astronómico da USC na Semana da Ciencia

Enmarcado nas actividades do Ano Internacional da Astronomía, o Observatorio Ramón María Aller da USC organiza unha morea de actividades de divulgación na Semana da Ciencia, que comezarán este luns 9 coas visitas guiadas ao Observatorio e un curso de iniciación á astronomía.
Así, ata o 22 de novembro toda persoa que o desexe poxderá acercarse a coñecer de primeira man as instalacións deste centro compostelán. Será os martes e mércores de 21:00 a 24.00 e venres e sábados de 19:00 a 1:00 horas. Ademais, ofrécese un curso de iniciación á Astronomía que se desenvolverá de luns e xoves de 20:15 a 21:30 xunto con dúas sesións de observación de hora e media.
Outras actividadesO programa contempla tamén un obradoiro de telescopios o 21 de novembro (de 18:00 a 21:00 horas) e outro de Astronomía na rede o día 13 (de 17:00 a 20:00). Haberá tamén astronomía para nenos os domingos de 17:00 a 20:00 e un programa itinerante a concretar con cada centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2009.