O consumo de produtos forestais, a análise en Lugo
A Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo acolle este sábado 7 de novembro as xornadas ‘Consumo consciente de produtos forestais’, organizada pola asociación A Cova da Terra.
O profesor da USC, Alberto Rojo, será un dos poñentes que participará no encontro, que comezará ás 09:00 horas, coa presentación da conferencia ‘A certificación forestal como instrumento de desenvolvemento’.
Nestas xornadas exporanse tamén experiencias de países como Colombia, Bolivia, Ecuador e Perú. A doutorando do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, Ivonne Pulido, será a encargada de abordar o tema do cultivo de caucho natural na Orinoquia colombiana.