Pasar al contenido principal

O programa Initia achega a actividade investigadora aos alumnos de Secundaria de Lugo

Representantes da USC e da Xunta de Galicia presentarán este luns 16 de novembro, ás 12:00 horas na Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo, a terceira edición do programa Initia, que se desenvolverá ao longo do actual curso académico baixo a dirección do profesor Urbano Fra.
O obxectivo deste programa é iniciar na actividade investigadora aos alumnos e alumnas de ensino secundario, converténdoos nun membro máis dos equipos de investigación. De feito, os participantes deste ano traballarán en proxectos reais, titorizados polos profesores Marcelino Maneiro, Rosana Vázquez e Francisco Fraga.
Ao acto de presentación do programa Initia asistirán representantes de todos os centros de ensino secundario de Lugo, os alumnos que participaron o ano pasado, que exporán os seus traballos e recibirán os seus diplomas, e tamén os alumnos que xa foron preseleccionados para participar na nova edición do programa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2009.