A teoría da evolución, a análise en Lugo
O programa ‘Darwin e a evolución: 2009 Ano Darwin’ continúa coas súas actividades no Campus de Lugo cunha mesa redonda sobre a teoría da evolución.
A cita será este luns 16 de novembro, a partires das 16:00 horas, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, onde se poderá ver a gravación da mesa redonda ‘Fronteiras e controversias da teoría evolutiva’, na que participan Paulino Martínez, David Posada e Román Vilas. Esta mesa redonda, moderada polo profesor Gonzalo Álvarez, tivo lugar no campus compostelán a finais de outubro.