Pasar al contenido principal

Unhas xornadas analizan o cambio climático en Lugo

O Vicerreitor de Coordinación do Campus lucense presentará este mércores a primeira conferencia deste ciclo

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, presentará a conferencia ‘Cambio climático e crise enerxética dende o proxecto Climántica’, que o director deste proxecto da Xunta de Galicia, Francisco Soroña, impartirá este mércores 18, ás 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia.
Esta conferencia é a primeira das que se levarán a cabo dentro da segunda edición das ‘Xornadas sobre o cambio climático’, que a Unión de Asociacións Veciñais e Culturais de Lugo (UNAVE) organiza co obxectivo de concienciar á cidadanía dos efectos que ten e que terá o cambio climático nos vindeiros anos.
O ciclo de conferencias continuará o vindeiro 25 de novembro cunha exposición e un coloquio baixo o título ‘Enerxías alternativas e renovables, son realmente viables?’. No encontro participarán, entroutros, o director da Axencia Enerxética de Vigo, Bernardo Parajó, que falará da enerxía nuclear, e un representante de Norvento, que analizará o aproveitamento das enerxías eólica e solar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2009.