Pasar al contenido principal

Unha xornadas en Ciencias da Educación profundan na formación do profesorado universitario antes os desafíos do EEES

A formación do profesorado universitario antes os desafíos do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) volve ser o argumento central dunhas xornadas que se van celebrar a vindeira semana na Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. Este centro compostelán vai albergar o luns 23 e o martes 24 as xornadas internacionais ‘Docencia, investigación e innovación na universidade. Traballar con (e) portafolios’.
Organiza o encontro a rede E-Portafolios na que están involucrados profesionais da maior parte das universidades españolas, entre elas a de Santiago dende os inicios mesmos deste grupo. Nas xornadas que comezan o vindeiro luns, os participantes tentarán identificar e difundir as experiencias que se están levando a cabo arredor dos e-portafolios en diferentes contextos, o que redundarán nun coñecemento máis profundo desta aplicación. Os promotores da iniciativa, agardan que as sesións programadas permitan analizar e valorar as achegas do e-portafolios como ferramenta para a investigación na docencia.
Nesta ocasión, o programa vai contar coa participación de múltiples profesionais de prestixio no tema a debater, entre eles, a profesora emérita da Universidade de Alaska, Helen Barrett; a profesora da Universitat Oberta de Catalunya e coordinadora da rede, Elena Barberá; ou o profesor da Universidade de Lisboa, Fernando Alburquerque. Ao longo de dous días, profesores e alumnos exporán as súas experiencias a través de comunicacións e pósteres.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2009.