Pasar al contenido principal

As segunda xornadas sobre os recursos educativos en galego centraranse na educación primaria

O prazo de matrícula está aberto ata o 11 de decembro

A Facultade de Ciencias da Educación organiza este ano a segunda edición dunha xornadas que pretenden afianzar un espazo para o debate e a reflexión sobre os recursos educativos en lingua galega. Nesta ocasión, o encontro vai estar centrado nos materiais utilizados na educación primaria.
Coa organización das II Xornadas ‘Os recursos educativos en galego’ os seus promotores pretenden que o alumnado desta facultade tome conciencia da importancia que teñen os recursos educativos na práctica docente, así como coñecer de primeira man cales son os materiais didácticos neste idioma dos que poderá dispoñer no seu futuro profesional.
O programa previsto, a celebrar entre os días 18 e 19 do vindeiro mes de decembro, permitirá coñecer cal é a situación actual dos materiais en lingua galega no ensino. Ademais, proporcionaralle aos futuros profesionais estratexias e criterios que lle permitan adaptalos e reelaboralos para atender ás diferentes necesidades de ensino-aprendizaxe que se desenvolven na aula e nos diferentes centros de Galicia.
O encontro diríxese a alumnado, profesorado e PAS da Facultade de Ciencias da Educación que deberán formalizar a súa inscrición antes do 11 de decembro enviando a correspondente solicitude ao enderezo de correo electrónico (fatima.salteiro [at] usc.es (fatima[dot]salteiro[at]usc[dot]es)) ou entregándoa na secretaria administrativa da Facultade. Rematada as sesións, o alumnado que desexe validar a súa asistencia por un crédito de libre configuración deberá entregar unha memoria relacionada co tema.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2009.