Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de inscrición para as rotas de sendeirismo da USC en abril

Os universitarios afeccionados ao sendeirismo así como o público en xeral teñen aberto o prazo de inscrición para as diferentes rotas de sendeirismo que a Área de Deportes da USC ten organizadas para este mes de abril.
O primeiro dos roteiros será polo Canón do Sil, cun percorrido de aproximadamente 18 quilómetros que se realizará o día 18 con saída desde Santiago. O prazo de inscrición remata o 15 de abril.
Os interesados terán ademais ata o día 22 para inscribirse noutra rota que terá lugar os días 25 e 26. Nesta segunda ocasión poderán practicar esta disciplina pola Vencilla, en León. O percorrido, que ten unha dificultade e desnivel alto, conta con arredor de 20 quilómetros.
Para acadar máis información sobre esta proposta, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina da Área de Deportes da USC, na Piscina Universitaria ou nas extensións (981.56.31.00) 15070, 15071, 15072, 15073 ou 15076, así como no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.04.2009.