Pasar al contenido principal

Estudantes galegos de ensino medio achegáronse á ciencia nunha Master Class de Partículas Elementais coordinada polo CERN

O catedrático Carlos Pajares explicoulles cuestións básicas da Física de Partículas aos estudantes de secundaria
O catedrático Carlos Pajares explicoulles cuestións básicas da Física de Partículas aos estudantes de secundaria

Cincuenta estudantes de 22 centros de secundaria de toda Galicia participaron este venres na Facultade de Física da USC na Master Class de Partículas Elementais que, coordinada polo Centro Europeo de Física de Partículas (CERN), pretende aproximar aos mozos europeos á ciencia.
A clase maxistral comezou con dúas conferencias xerais sobre a Física de Partículas, aceleradores e detectores a cargo dos profesores J. Álvarez Muñiz e Carlos Pajares Vales. A continuación desenvolveuse simultaneamente con once Universidades europeas unha práctica na que os estudantes identificaron as partículas que aparecen en rexistros realizados en detectores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.04.2009.