Pasar al contenido principal

Responsables universitarios marroquís fórmanse na USC en innovación educativa

No marco do proxecto Tempus AQAUM, a USC acolle esta semana o segundo seminario sobre innovación educativa coa participación de representantes das Universidades marroquís participantes (Abdelamek Essaadi, Ibn Tofail, Mohammed 1er e Ibn Zohr).
O proxecto, financiado pola Comisión Europea con 300.000 euros, propiciou o desenvolvemento durante os dos últimos anos de accións de formación de persoal universitario marroquí, fundamentalmente responsables de cooperación, secretarios xerais, vicerreitores e responsables de calidade.
O programa do seminario, organizado conxuntamente polas Vicerreitorías de Política Internacional e o Vicerreitorado de Calidade, está coordinado polo responsable da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López Veloso, que contou coa colaboración dos profesores Leandro Benito Torres, Concepcion Varela Neira, Felipe Gago, Maria del Carmen Morán, Javier Alvarez e Felicidad Barreiro, ademais dos expertos de calidade universitaria, Elina Alvarez e Monica Fernández.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2009.